"Enreguéifate" é o nome do certame convocado polo Concello de Santiago para animarnos a tod@s a regueifar.
As regueifas son estrofas de catro versos improvisadas nas que o segundo verso debe rimar co cuarto.
Nas regueifas pódese empregar calquera melodía, e ésta vaise repetir durante toda regueifa.
Deben participar ao menos dúas persoas, xa que as regueifas eran unha especie de disputas sobre un tema determinado.
A regueifa era, na súa orixe, un molete ou unha rosca de pan que se regalaba nas vodas aos convidados e aos mozos e mozas da parroquia non convidados. A parte divertida consistía en "cantar a regueifa", é dicir, meterse os uns cos outros.
Na aula de 4º decidimos compoñer as nósas propias regueifas para falar do nóso día a día no cole, dos mestres, etc... e así de chulas nos quedaron!
Xa vos contaremos máis novidades sobre o CONCURSO.