Que pasa cando xuntamos nunha aula nenas e nenos de 3 anos e de 1º de
primaria, cun anaco de papel inmenso, pinturas, un clarinete e unha
profe con gafas para tocar ben?
Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!
Unha sopresiña era o que lles agardaba hoxe ás nenas e nenos de 2º!!!
Unha sorpresiña en forma MUSICAL loxicamente...
Descubriron que eses tubos tan raros que había hoxe na nósa aula eran INSTRUMENTOS MUSICAIS e que con eles tamén se podía facer música.
Tras facer unha pequenas escaliñas ascendentes e descendentes puxéronse mans á obra e, por grupos, interpretaron a súa primeira melodía con TUBOS SONOROS ou BOOMWHACKERS...
Non está nada mal!
Xa vedes que este instrumento musical é moi sinxelo de tocar e ademáis é moi divertido. Podería ser un bo agasallo para que vos fagan os vósos pais ao remate do curso, se as notas son boas... :)
E se queres segui practicando na casa podes ver moreas de partituras para Boomwhackers neste enlace de youtube: