Agardamos que vos guste!
venres, 25 de maio de 2018
Letras Galegas 2018
Para celebrar o Días das Letras, alumnos de alumnas de 3º prepararon esta adaptación da obra "A Festa no Faiado" de María Victoria Moreno.
Agardamos que vos guste!
Agardamos que vos guste!
martes, 22 de maio de 2018
Compoñemos e tocamos!
Hoxe na clase de segundo fixemos de todo! Coñecemos a NOTA LA (agora xa sabemos que se coloca no segundo espazo), compuxemos melodías por grupos empregando as tres notas que xa sabemos (MI, SOL e LA) e, por último, tocamos as melodías cos boomwackers!
Quedáronnos dúas melodías ben chulas!
mércores, 16 de maio de 2018
O Maio
Hoxe en Vilar de Donas houbo FESTA A RACHAR!
Conmemoramos As Letras Galegas e pasamos unha xornada ben entretida facendo un maio entre todos, e cantando e bailando.
Mirade o vídeo!
Conmemoramos As Letras Galegas e pasamos unha xornada ben entretida facendo un maio entre todos, e cantando e bailando.
Mirade o vídeo!
Cantigas do Maio
No noso coloxeio
facemos un maio,
poñendo as flores
con moito coidado.
As nenas e os nenos
pasámolo ben
cantando e rindo
e as profes tamén.
Que ben nos quedou
fermoso e florido,
o ano que vén
será máis bonito.
Paseámolo maio
polo noso patio
mereceu a pena
tanto traballo
Este é o maio
este o maio é,
este é o maio
que canta de pé.
Este é e maio
é moi perillán,
quere que lle dean
os cartos na man.
Érguete maio
que moito durmiches
que pasou o cuco
e ti non o viches.
Xa nos despedimos
donas e señores
imos a outra parte
en busca de flores.
martes, 15 de maio de 2018
Himno da alegría 2º
Practicamos esta sinxela melodía cos Boomwackers. Hai que estar moi atentos ao ritmo e ás cores que van saíndo na pantalla!
Podes practicala na túa casa! Só precisas un instrumento.
mércores, 9 de maio de 2018
IMOS A INFANTIL
Nas pasadas semanas visitamos as aulas de Educación Infantil para ensinarlles ás nenas e nenos a tocar e cantar a canción "Eram Sam Sam".
Viñemos moi contentos da experiencia, xa que temos uns compañeiros e unhas compañeiras de infantil moi listiños, que deseguido aprenderon todo!
Que soen: triángulos, maracas e claves!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)