domingo, 24 de xuño de 2018

Músicas do Cine


Moitas horas de dedicación, traballo, concentración e un chisco de ritmo dan como resultado a ACTUACIÓN ESTELAR  das rapazas e rapaces de 3º de EP, que clausuraron o curso escolar 2017/18 desta maneira tan espectacular!!

Orgullo de todas e todos, e moita ledicia só con ver as súas caras cheas de ilusión. Continuamos o vindeiro curso, que sorpresas nos deparará??

FELIZ VERÁN!!!!

Susana



martes, 12 de xuño de 2018

venres, 1 de xuño de 2018

HISTORIA DA MÚSICA ILUSTRADA



Subo un vídeo moi interesante e breve do Youtube onde se fai un repaso polas diferentes épocas e estilos da historia da música. Cal che gusta máis?




Se tés máis tempo tamén podes ver o seguinte vídeo que trata do mesmo pero dun xeito máis extenso. Ti elixes!


venres, 25 de maio de 2018

Letras Galegas 2018

Para celebrar o Días das Letras, alumnos de alumnas de 3º prepararon esta adaptación da obra "A Festa no Faiado" de María Victoria Moreno.

Agardamos que vos guste!


martes, 22 de maio de 2018

Compoñemos e tocamos!


Hoxe na clase de segundo fixemos de todo! Coñecemos a NOTA LA (agora xa sabemos que se coloca no segundo espazo), compuxemos melodías por grupos empregando as tres notas que xa sabemos (MI, SOL e LA) e, por último, tocamos as melodías cos boomwackers!

Quedáronnos dúas melodías ben chulas!



mércores, 16 de maio de 2018

O Maio

Hoxe en Vilar de Donas houbo FESTA A RACHAR!

Conmemoramos As Letras Galegas e pasamos unha xornada ben entretida facendo un maio entre todos, e cantando e bailando.

Mirade o vídeo!


Cantigas do Maio

No noso coloxeio
facemos un maio,
poñendo as flores
con moito coidado.

As nenas e os nenos
pasámolo ben
cantando e rindo
e as profes tamén.

Que ben nos quedou
fermoso e florido,
o ano que vén
será máis bonito.

Paseámolo maio
polo noso patio
mereceu a pena
tanto traballo

Este é o maio
este o maio é,
este é o maio
que canta de pé.

Este é e maio
é moi perillán,
quere que lle dean
os cartos na man.

Érguete maio
que moito durmiches
que pasou o cuco
e ti non o viches.

Xa nos despedimos
donas e señores
imos a outra parte
en busca de flores.


martes, 15 de maio de 2018

Himno da alegría 2º


Practicamos esta sinxela melodía cos Boomwackers. Hai que estar moi atentos ao ritmo e ás cores que van saíndo na pantalla!



Podes practicala na túa casa! Só precisas un instrumento.