luns, 18 de decembro de 2017

Rock dos Elfos


En terceiro andamos moi ocupad@s cos ensaios da nósa actuación de Nadal, pero entre ensaio e ensaio deunos tempos a bailar un pouco.

Mirade!



sábado, 16 de decembro de 2017

Repit, please!


Repit, please!

Así se titula a pequena peza instrumental coa que estivemos traballando en SEXTO estas últimas clases.
Unha peciña que combina: frautas, metalófonos e algún que outro instrumento de pequena percusión, como shakers e claves.

O resultado...


Bravo e a seguir mellorando!

xoves, 30 de novembro de 2017

Puerta Violeta II


As nenas e os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de EP fixeron as súas versións sobre a Porta Violeta de Rozalén. Cada unha diferente, pero todas cunha mesma mensaxe: NON QUEREMOS VIOLENCIA!

Que gran traballo fixeron! Mírao neste vídeo.




luns, 20 de novembro de 2017

La puerta violeta

Estas semanas na Aula de Música cantamos, tocamos e debuxamos moito esta canción, pois queremos lembrar que hai moitas mulleres que sofren nas súas casas, traballos, etc. e gustaríanos moito que todas puidesen "escapar" desa violencia pola Porta Violeta.

Próximamente veremos o resultado. Polo de agora podedes pasar hoooras escoitándo a e cantándoa!!



Canción: La puerta violeta
Artista: Rozalén


Una niña triste en el espejo me mira prudente y no quiere hablar 
hay un monstruo gris en la cocina 
que lo rompe todo 
que no para de gritar. 

Tengo una mano en el cuello 
que con sutileza me impide respirar 
una venda me tapa los ojos 
puedo oler el miedo y se acerca. 

Tengo un nudo en las cuerdas que ensucia mi voz al cantar 
tengo una culpa que me aprieta 
se posa en mis hombros y me cuesta andar. 


Pero dibujé una puerta violeta en la pared 


y al entrar me liberé 
como se despliega la vela de un barco. 
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí 
corrí, grité, reí 
sé lo que no quiero 
ahora estoy a salvo. 



Una flor que se marchita 
un árbol que no crece porque no es su lugar 
un castigo que se me impone 
un verso que me tacha y me anula. 
Tengo todo el cuerpo encadenado 
las manos agrietadas 
mil arrugas en la piel 
las fantasmas hablan en la nuca 
se reabre la herida y me sangra. 
Hay un jilguero en mi garganta que vuela con fuerza 
tengo la necesidad de girar la llave y no mirar atrás. 

Así que dibujé una puerta violeta en la pared 
y al entrar me liberé 
como se despliega la vela de un barco. 
Aparecí en un prado verde muy lejos de aquí 
corrí, grité, reí 
sé lo que no quiero 
ahora estoy a salvo.

xoves, 9 de novembro de 2017

A SAIA DA CAROLINA

Últimamente andamos con esta cantiga tradicional na Aula de Música...
 ENCÁNTANOS NA VERSIÓN DE

 "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"


martes, 31 de outubro de 2017

QUE SOEN OS TAMBORES!


QUE SOEN OS TAMBORES!

Cada unha das nenas e nenos de 2º fixeron nas súas casas uns tambores con materiais diversos. Estes foron os resultados...e NON NOS PODEN GUSTAR MÁIS!!
Logo, na Aula de Música, explicamos a súa elaboración e fixemos RITMOS moi chulos.

Grazas ás familias pola vosa colaboración.





Música: "¡Salta!" de Tequila

luns, 30 de outubro de 2017

INSTRUMENTOS DA TRADICIÓN GALEGA

O paso venres Noelia ensinounos moitas curiosidades dos instrumentos da nósa tradición: gaita, pandeireta, cunchas, etc...



"SUEÑO CELTA"


"SUEÑO CELTA" é o título da peza para frauta que están practicando estos días as rapazas e rapaces de 5º de primaria.

Con esta versión de youtube podes dar un concerto para os teus familiares e así, PRACTICAS!


Lembra! 
A palabra ANDANTE fai referencia á velocidade da música. Significa: velocidade NORMAL.
A palabra ALLEGRO significa RÁPIDO.

luns, 23 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017

SAMAÍIIIIIINNNNNN

Pouco a pouco vai chegando a festa MÁIS TERRIBLE DO ANO, O SAMAÍN!

NON VOS CONFUNDADES! Na Aula de Música NON se festexa esa festa Americana que se parece pero que non é propia da nósa tradición Galega!!!

Por iso...TODAS E TODOS A CANTAR

"MEDO"



THRILLER


QUERES BAILAR?
Practica os pasos con este vídeo de Just Dance!

martes, 3 de outubro de 2017

Concerto Didáctico

O pasado venres tivemos a OPORTUNIDADE de asistir a un Concerto de Música en Palas de Rei.

Desprazámonos todo o cole ata a casa da cultura e alí agardábannos un montón de sorpresas musicais!!


Moitas grazas ás rapazas e rapaces da Banda Xuvenil de Antas de Ulla por facérnolo pasar taaan ben!

venres, 22 de setembro de 2017

MariSol Si La Canta


OS DE 4º TRABALLAN ARREO ESTA SEMANA NAS SÚAS CASAS PRACTICANDO

ESTA CANCIÓN...

MariSol Si La Canta
DÁLLE AO PLAY 

E SACA O MELLOR SON DA FRAUTA...

xoves, 21 de setembro de 2017

A IMPORTANCIA DO SILENCIO


Hoxe foi o seu primeiro día na AULA DE MÚSICA e, ademáis de coñecer a Valentín, falamos de

NORMAS, instrumentos, ritmos... e de unha cousa moi importante, O SILENCIO!

A ver se somos capaces de aprecialo neste xogo?

Pásalle os axóuxeres ao teu compañeiro ou compañeira da maneira máis silenciosa que poidas!



→🙈




Cachis! É un instrumento moi complicado de pasar sen facelo soar un chisco!
 A próxima vez sairá mellor.

domingo, 10 de setembro de 2017

A VOLTA O COLE



COMEZAMOS O CURSO CON MOITA ENERXÍA CANTANDO ESTE KARAOKE!


"A volta ao cole"
Música: Raphael
Letra: Susana Diéguez



E se queres coñecer a ORIXINAL...DÁLLE AO PLAY!!!!!



venres, 8 de setembro de 2017

CURSO 2017/2018


QUE AXIÑA PASO O VERÁN!!!

Sen case darnos conta comezamos un novo curso. Pero con moita ilusión e con moitas ganas de aprender cousas novas, xuntarnos cos nosos compañeiros, etc.

A AULA DE MÚSICA xa está preparada para recibir a unha nova remesa de rapazas e rapaces. Valentín leva todo o verán moi triste desexando que chegue xa o día 11.

Para esta última fin de semana antes de comezar, déixovos un vídeo dunha canción moi fermosa. ESPERO QUE VOS GUSTE!


CHEA DE VIDA, Guadi Galego

Por unha lingua chea de vida.
Por un ensino cheo de vida.
Por unha mocidade chea de vida.
Por unha vida chea de música.

Debuxo de Leandro Lamas


mércores, 28 de xuño de 2017

BOTELLÓFONO

Nos últimos días de clase deste curso 2016/2017 adicamos uns momentos a observar como se produce o son e descubrir que se necesita moi pouco para facer música.

Construímos un "Botellófono" que consiste en encher botellas de vidro con auga a diferentes alturas e despois percutilas cunha culler. O resultado non nos puido gustar máis!











AGORA PODES FACELO TÍ NA TÚA CASA!

Para iso necesitas:

- 8 botellas de vidro
- Auga
- Un vaso de medida
- Un embudo
- Colorante ou témperas de cores
- Unha culler para tocar

AS MEDIDAS PARA AFINAR AS TÚAS BOTELLAS SON:

- NOTA DO: 37 g/ml  (cor vermello)
- NOTA RE: 70 g/ml ( cor laranxa, mistura de vermello + amarelo)
- NOTA MI: 100 g/ml (cor amarela)
- NOTA FA: 106 g/ml (cor verde)
- NOTA SOL: 131 g/ml (cor azul calro)
- NOTA LA: 142 g/ml (cor azul escuro)
- NOTA SI: 157 g/ml (cor morado)
- NOTA DO`: 163 g/ml (cor vermello)

venres, 26 de maio de 2017

Figuras Musicais


As rapazas e rapaces de 2º divírtense aprendendo as figuras musicais.

Preme para ver o vídeo


venres, 12 de maio de 2017

REGUEIFESTA



O PASADO XOVES DÉRONNOS UNHA BOA NOVA! RESULTAMOS GAÑADORES DO 

CONCURSO "ENREGÚEIFATE" DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

E ALÁ FOMOS A RECOLLER O NOSO PREMIO!



xoves, 11 de maio de 2017

A COR DA MÚSICA

Que pasa cando xuntamos nunha aula nenas e nenos de 3 anos e de 1º de primaria,  cun anaco de papel inmenso, pinturas, un clarinete e unha profe con gafas para tocar ben?

Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!

xoves, 4 de maio de 2017

Boomwhackers

Unha sopresiña era o que lles agardaba hoxe ás nenas e nenos de 2º!!!
Unha sorpresiña en forma MUSICAL loxicamente...
Descubriron que eses tubos tan raros que había hoxe na nósa aula eran INSTRUMENTOS MUSICAIS e que con eles tamén se podía facer música.

Tras facer unha pequenas escaliñas ascendentes e descendentes puxéronse mans á obra e, por grupos, interpretaron a súa primeira melodía con TUBOS SONOROS ou BOOMWHACKERS...


Non está nada mal! 
Xa vedes que este instrumento musical é moi sinxelo de tocar e ademáis é moi divertido. Podería ser un bo agasallo para que vos fagan os vósos pais ao remate do curso, se as notas son boas... :)

E se queres segui practicando na casa podes ver moreas de partituras para Boomwhackers neste enlace de youtube:






xoves, 27 de abril de 2017

ENREGUÉIFATE


"Enreguéifate" é o nome do certame convocado polo Concello de Santiago para animarnos a tod@s a regueifar.

As regueifas son estrofas de catro versos improvisadas nas que o segundo verso debe rimar co cuarto.

Nas regueifas pódese empregar calquera melodía, e ésta vaise repetir durante toda regueifa.

Deben participar ao menos dúas persoas, xa que as regueifas eran unha especie de disputas sobre un tema determinado.

A regueifa era, na súa orixe, un molete ou unha rosca de pan que se regalaba nas vodas aos convidados e aos mozos e mozas da parroquia non convidados. A parte divertida consistía en "cantar a regueifa", é dicir, meterse os uns cos outros.

Na aula de 4º decidimos compoñer as nósas propias regueifas para falar do nóso día a día no cole, dos mestres, etc... e así de chulas nos quedaron!



Xa vos contaremos máis novidades sobre o CONCURSO.


luns, 24 de abril de 2017

INSTRUMENTOS DE RECICLAXE

As rapazas e os rapaces de 5º hoxe déronnos unha lección.
Aprendemos que con obxectos que habitualmente tiramos tamén se pode construír un instrumentos e mesmo pode chegar a soar moi moi ben!

Será mellor que o vexades cos vosos propios ollos! XENIAIS





venres, 21 de abril de 2017

COMPOÑENDO LETRAS

Letristas! Agora as e os de 6º son LETRISTAS.

Que non sabedes o que esa palabra significa? Pois é moi sinxelo de explicar. Creador@s de letras de cancións!

Últimamente ándanlle dando moitas voltas á cabeza para a creación das letras máis divertidas sobre a que pode ser a canción do verán! O DESPACITO de Luís Fonsi.

Polo de agora están traballando arreo coas palabras, coas rimas, cos acentos melódicos... Pero xa vos podemos ir ensinando algo. ATENCIÓN!




xoves, 6 de abril de 2017

GUERRA EN EL LAGO

Hoxe foi a estrea mundial! 

Por primeira vez no cole alumnas e alumnos de sexto deixáronnos coa boca aberta coa magnífica interpretación dunha obriña de Teatro Musical chamada "Guerra en el lago".

Aquí vos queda o vídeo para os que non puidestes presenciar tal acontecemento. E bravísimo para as actrices, actores, músicos e bailaríns!! Fixéstelo XENIAL!

ELENCO

Block - Elías
Tímoti - Rodrigo
Guay - Tomás
Hada Directora - Nerea Gómez
Rana Direcdota - Paula
Hada 1 - Yolanda
Hada 2 - Ainhoa
Rana 1 - Brais
Rana 2 - David


martes, 4 de abril de 2017

AMODIÑO 6º


Están a piques de chegar as desexadas VACACIÓNS e @s almn@s de 6º vanas pasar...

Preme na ligazón:




luns, 3 de abril de 2017

5º UN NOVO RITMO

Nova peza para frauta coa que, en pouco tempo, nos van deleitar os alumnos e a alumnas de 5º.

Ánimo!



As bandas de música

Hoxe os alumnos de 5º falamos na clase de música sobre as diferentes  AGRUPACIÓNS MUSICAIS.

Recentemente a profe tivo a oportunidade de saír na TVG (si, si) tocando coa Banda de Música de Antas de Ulla e, a partires do visionado do programa aproveitamos para falar sobre: as bandas de música, os instrumentos de vento e percusión, e outras moitas cousas sobre o tema.

Velaquí o enlace ( a partires do minuto 6'30''):


No seguinte vídeo resúmense os instrumentos principais das Bandas de música. Atende!:


venres, 24 de marzo de 2017

Música de Irlanda


Esta semana de tantos cambios nas temperaturas (comezamos con sol e rematamos con neve) a aula de música tinguiuse de VERDE.

Aí vai un vídeo resumo das cousiñas das que falamos na clase...





^Para rematar as sesións adicadas á MÚSICA IRLANDESA fixemos unha danza de alí chamada Circassian Circle.



luns, 20 de marzo de 2017

3º Longo/ Curto

Na aula de 3º traballamos a semana pasada a DURACIÓN DO SON. Sons longos e sons curtos.

Ademáis doutras actividades rematamos a clase do venres interpretando ditas duracións cos instrumentos de pequena percusión ou tamén chamados instrumentos de Percusión de Altura Indeterminada (PAI)  como son os crótalos e as maracas. Contamos coa axuda do nóso compañeiro Éric que exerceu dun perfecto Dj coa base musical.

Velaquí o resultado!
☺☺☺☺☺☺



MUSICOGRAMA



sábado, 18 de marzo de 2017

Nós as MATRIARCAS


XA ESTÁ AQUÍ!

Xa podedes ver o videoclip que fixeron as rapazas do colexio co motivo do DÍA DA MULLER.

Fermosa experiencia e resultado perfecto!

Para TODAS AS MULLERES...



venres, 10 de marzo de 2017

GUERRA EN EL LAGO

Este é o título do proxecto no que estamos a traballar en 6º e que cada vez ten máis trazas de ver a luz. O tema musical soa así:

Preme no vídeo para PRACTICALO NA CASA.









A Lenda do Rei Artur

Na clase de 4º andivemos moi ocupados ultimamente cun proxecto que temos entre mans, trátase dunha pequena obra teatral na que incorporamos unha pequena melodía coas frautas doces e que soa así:

Preme no vídeo para PRACTICALA NA CASA.





luns, 6 de marzo de 2017

Matriarcas


Varias son as cousiñas que andamos argallando pola Aula de Música.

Unha delas ten moito que ver co que se conmemora o vindeiro 8 de marzo. Sabedes que é?
Este vídeo daravos moooitas pistas...



Guadi Galego sacou no 2014 esta canción que homenaxea ás matriarcas galegas, as mulleres que sobre as súas costas levan adiante non só ás súas familias se non que sustentan a base do Fogar de Breogán (Galicia, como di o noso hino) ao que chama “o país dos alalás”.

xoves, 2 de marzo de 2017

Superheroes en acción!


O venres pasado o cole encheuse de Superheroes e Superheroínas que nos agasallaron cuns bailes moi ben feitos!
Ademáis contamos cunha sorpresa final... O grupo A.C. A fonte de Merlán veu poñer o broche final a tal evento. Moitas grazas por vir e por facernos desfrutar!

Preme no vídeo que resume os mellores momentos:




















Máis fotos na web do cole


venres, 24 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

24 de febreiro Día de Rosalía...

Hoxe conmemorámolo no cole recitando, lendo e escoitando os seus poemas.

Aquí vos deixo unha fermosa canción da cantante Uxía adicada a esta famosa poetísa galega.

Viva Rosalía SEMPRE!



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 


mércores, 22 de febreiro de 2017

Dan Moi

O Dan Moi é un instrumento do Vietnam moi parecido ás chamadas Arpas de Boca ou Birimbaos (non confundir co Berimbao do Brasil).

Consiste nunha lámina de metal a cal se fai vibrar. Adoita vir unido a un fío ou unha caixiña ou funda moi colorida.
Funciona fancéndoo vibrar contra os beizos sen que a lámina central choque contra os dentes e utiliza de caixa de resonancia o propio corpo da persoa que o fai soar.

O outro día Brais de 5º tróuxonolo á clase de música e puidemos escoitalo e velo en primeira persoa.

Grazas Brais!




venres, 17 de febreiro de 2017

Superheroes!

Sexto deixaranos sorprendidos o vindeiro venres con esta versión dos Cazafantasmas. Anímaste a cantala con este karaoke?



                     

xoves, 16 de febreiro de 2017

QUÉROTE MÁIS QUE...

Esta pasada semana @s nen@s puxémonos moi románticos e cariñosos e fixemos as nósas propias notas para as persoas ás que máis queremos...



Partindo do retrouso da canción "Quérote máis" de O Sonoro Maxín plasmamos no papel os nósos mellores sentimentos para a xente á que queremos.

Aquí vos deixo o videoclip da canción  para seguir cantándoa e bailándoa nas vósas casas. A que é divertida?

QUÉROTE MÁIS
Teño soños de colores cando non podo durmir,
sigo esperto toda a noite e non deixo de bulir.
Dando voltas no meu leito teño gañas de voar,
sáeme o corazón do peito seica poderá estoupar.
Cando facemos o pino a limpar no ceo os pés
 ou botamos aturuxos
antes de que pase o tren.
Cando che dou a pulseira
feita con mil alecríns,
mírote ós ollos decote
para poderche así dicir:
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.
Teño na boca un sorriso
e nos ollos un candil,
que ninguén pode apagar
cando corres xunto a min.
O meu corpo treme enteiro,
 tremen pernas, tremen mans,
 sáeme o corazón do peito
seica poderá estoupar.
Ao pintar arcos da vella
de colores polo ar,
cando escribes o meu nome
nun espello ou nun cristal.
Ao encendermos unha radio
e este son poder ouvir,
mírote aos ollos decote
para poderche así dicir.
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.(bis)
Maite zaitut, maite maite zaitut
que a tortilla de patacas con xamón
Maite zaitut, maite maite zaitut
cada vez que me latexa o corazón.