venres, 24 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

24 de febreiro Día de Rosalía...

Hoxe conmemorámolo no cole recitando, lendo e escoitando os seus poemas.

Aquí vos deixo unha fermosa canción da cantante Uxía adicada a esta famosa poetísa galega.

Viva Rosalía SEMPRE!



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario