venres, 24 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

24 de febreiro Día de Rosalía...

Hoxe conmemorámolo no cole recitando, lendo e escoitando os seus poemas.

Aquí vos deixo unha fermosa canción da cantante Uxía adicada a esta famosa poetísa galega.

Viva Rosalía SEMPRE!



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 


mércores, 22 de febreiro de 2017

Dan Moi

O Dan Moi é un instrumento do Vietnam moi parecido ás chamadas Arpas de Boca ou Birimbaos (non confundir co Berimbao do Brasil).

Consiste nunha lámina de metal a cal se fai vibrar. Adoita vir unido a un fío ou unha caixiña ou funda moi colorida.
Funciona fancéndoo vibrar contra os beizos sen que a lámina central choque contra os dentes e utiliza de caixa de resonancia o propio corpo da persoa que o fai soar.

O outro día Brais de 5º tróuxonolo á clase de música e puidemos escoitalo e velo en primeira persoa.

Grazas Brais!




venres, 17 de febreiro de 2017

Superheroes!

Sexto deixaranos sorprendidos o vindeiro venres con esta versión dos Cazafantasmas. Anímaste a cantala con este karaoke?



                     

xoves, 16 de febreiro de 2017

QUÉROTE MÁIS QUE...

Esta pasada semana @s nen@s puxémonos moi románticos e cariñosos e fixemos as nósas propias notas para as persoas ás que máis queremos...



Partindo do retrouso da canción "Quérote máis" de O Sonoro Maxín plasmamos no papel os nósos mellores sentimentos para a xente á que queremos.

Aquí vos deixo o videoclip da canción  para seguir cantándoa e bailándoa nas vósas casas. A que é divertida?

QUÉROTE MÁIS
Teño soños de colores cando non podo durmir,
sigo esperto toda a noite e non deixo de bulir.
Dando voltas no meu leito teño gañas de voar,
sáeme o corazón do peito seica poderá estoupar.
Cando facemos o pino a limpar no ceo os pés
 ou botamos aturuxos
antes de que pase o tren.
Cando che dou a pulseira
feita con mil alecríns,
mírote ós ollos decote
para poderche así dicir:
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.
Teño na boca un sorriso
e nos ollos un candil,
que ninguén pode apagar
cando corres xunto a min.
O meu corpo treme enteiro,
 tremen pernas, tremen mans,
 sáeme o corazón do peito
seica poderá estoupar.
Ao pintar arcos da vella
de colores polo ar,
cando escribes o meu nome
nun espello ou nun cristal.
Ao encendermos unha radio
e este son poder ouvir,
mírote aos ollos decote
para poderche así dicir.
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.(bis)
Maite zaitut, maite maite zaitut
que a tortilla de patacas con xamón
Maite zaitut, maite maite zaitut
cada vez que me latexa o corazón.

mércores, 15 de febreiro de 2017

A VOLTA AO MUNDO


A volta ao mundo é o título duns debuxos animados que eu vía cando era pequena (fai xa moooitos anos) inspirados na obra de Julio Verne ("La vuelta al mundo en ochenta días") e que vos aconsello como lectura.

Resumindo moito o argumento, neles, Willy Fog xunto ao seu mordomo Rigodón logran dar a volta ao mundo en nada máis e nada menos que 80 días.

Partindo desta trama entre as alumnas e alumnos de 6º mais eu creamos a nósa propia Volta ao mundo pero a través das danzas do mundo.

Teo e Marcos (Os protagonistas)

Para os que non o puidestes ver en directo no Festival de Nadal do cole contareivos que @s alumn@s estiveron FANTÁSTICOS e que divertiron ao público coas danzas de : Francia, Grecia, Xapón, Nova Zelanda, Estados Unidos e Brasil.

Se queredes practicalas na casa e vos apetece coñecer outras moitas danzas do mundo non deixedes de visitar a páxina...... https://danzasdelmundo.wordpress.com/
Danse des batonets (Francia)
 
Hassapikos Nostálgico (Grecia) 

Ena Bushi (Xapón)

Tutira Mai Ngua Iwi (Nova Zelanda)

Jingle Bells (EEUU)
 
Capoeira (Brasil)

Momento final da actuación: CAPOEIRA



luns, 13 de febreiro de 2017

Trompeta

Hoxe escoitamos novos sons na Aula de Música.

Da man de Brais de 5º puidemos deleitarnos coa melodía do "Himno da Alegría"


                                           E así de ben o fixo!!♩♪♫♬♪♩♫

Queres practicalo tí na casa coa frauta? Mira o seguinte tutorial...


venres, 10 de febreiro de 2017

Caixa vermella

🚩 Atención!

Algunha ou algún de vós sabedes porqué hoxe Valentín trouxo esta caixa vermella à Aula de Música???



Que será, será?

xoves, 9 de febreiro de 2017

Carta de presentación de Valentín



Hoxe comezamos o día cunha carta MOI ESPECIAL!

Caramba! Aquí si que ocorren cousas raras...Esqueletos que escriben cartas e que fan peticións! Teredes que preguntarlle á profe de música en qué consiste esa PETICIÓN ESPECIAL DE VALENTÍN!

VALENTÍN❤❤❤❤❤❤

XILÓFONOS 2º

Ollade que cariñas de concentración poñen as rapazas e rapaces de 2º!

Parece que os primeiros contactos cos xilófonos consiguen relaxalos...

Polo de agora están coas primeiras notas da famosísima melodía francesa Frére Jacques, que podedes escoitar e ver neste simpático vídeo.


A que a coñecedes? Ou ao mellor sóavos máis na súa versión en español...


Pouco a pouco vai saíndo cada vez mellor... 
Seguide practicando na casa!☺






mércores, 8 de febreiro de 2017

Entroido ´17

Rapazas e rapaces de 6º aquí vos deixo os vídeos dos que falamos hoxe e que vos servirán para ensaiar nas vósas casas a coreografía do Entroido!☺☺☺☺

                                             
                                           Veña! A bailarrrrrrrrrrr

                                                                 LETRA ORIXINAL

Ghostbusters! 

If there's something strange in your neighborhood 
Who you gonna call? 
Ghostbusters! 
If there's something weird and it don't look good 
Who you gonna call? 
Ghostbusters! 

I ain't afraid of no ghost 
I ain't afraid of no ghost 

If you're seeing things running through your head 
Who can you call? 
Ghostbusters! 
An invisible man sleeping in your bed 
Oh, who you gonna call? 
Ghostbusters! 

I ain't afraid of no ghost 
I ain't afraid of no ghost 

Who you gonna call? 
Ghostbusters! 
If you're all alone, pick up the phone 
And call 
Ghostbusters! 

I ain't afraid of no ghost 
I hear it likes the girls 
I ain't afraid of no ghost 
Yeah, yeah, yeah, yeah 

Who you gonna call? 
Ghostbusters! 
If you've had a dose of a freaky ghost 
You'd better call 
Ghostbusters! 

Let me tell you something 
Bustin' makes me feel good 

I ain't afraid of no ghost 
I ain't afraid of no ghost 

Don't get caught alone, oh no 
Ghostbusters! 
When it comes through your door 
Unless you just want some more 
I think you better call 
Ghostbusters! 
Ow! 

Who you gonna call 
Ghostbusters!


luns, 6 de febreiro de 2017

XILÓFONOS 1º

Primeiras tomas de contacto das nenas e nenos de 1º cos xilófonos da aula.

A verdade é que vendo este vídeo dan ganas de porse a cantar e a tocar!

Déixovos a letra:

Do, re, mi
que frío vai aquí!
Mi, fa, sol
que saia axiña o sol!
Sol, sol, sol
así moito mellor!
Do, re, mi, fa, sol, la, si, dó!

Gústavos a canción? Máis vos vai gustar cando vexades que ben lla cantaron os de 1º ao noso esqueleto da clase; que xa se abrigou todo o que puido para non pasar frío☃☃☃☃☃☃☃


Bravooooooooo!!!!!!!!!

venres, 3 de febreiro de 2017

ALGO ESTASE COCIÑANDO NA CLASE DE MÚSICA

SI, SI...

Algo moi saboroso e con moito ritmo estase cociñando na aula de música. E para a próxima semana saberedes tod@s o que é!

Polo de agora só podo darvos unha PISTA para que caviledes toda a fin de semana🌁🌁🌁



Ala! A ver que terá que ver a tortilla de patacas coa MÚSICA!!!!!!

CORO FACENDO CHOIVA👌👌

xoves, 2 de febreiro de 2017

Gañadores!📢

Xa temos gañadores do Pasapalabra!

Noraboa Elías e Marcos.

Os vosos coñecementos mais o xogo limpo e a concentración levouvos a ser os claros campións con tódalas preguntas atinadas.

     
                             Foto: Rosco completo cos felices campións.