mércores, 15 de febreiro de 2017

A VOLTA AO MUNDO


A volta ao mundo é o título duns debuxos animados que eu vía cando era pequena (fai xa moooitos anos) inspirados na obra de Julio Verne ("La vuelta al mundo en ochenta días") e que vos aconsello como lectura.

Resumindo moito o argumento, neles, Willy Fog xunto ao seu mordomo Rigodón logran dar a volta ao mundo en nada máis e nada menos que 80 días.

Partindo desta trama entre as alumnas e alumnos de 6º mais eu creamos a nósa propia Volta ao mundo pero a través das danzas do mundo.

Teo e Marcos (Os protagonistas)

Para os que non o puidestes ver en directo no Festival de Nadal do cole contareivos que @s alumn@s estiveron FANTÁSTICOS e que divertiron ao público coas danzas de : Francia, Grecia, Xapón, Nova Zelanda, Estados Unidos e Brasil.

Se queredes practicalas na casa e vos apetece coñecer outras moitas danzas do mundo non deixedes de visitar a páxina...... https://danzasdelmundo.wordpress.com/
Danse des batonets (Francia)
 
Hassapikos Nostálgico (Grecia) 

Ena Bushi (Xapón)

Tutira Mai Ngua Iwi (Nova Zelanda)

Jingle Bells (EEUU)
 
Capoeira (Brasil)

Momento final da actuación: CAPOEIRA



Ningún comentario:

Publicar un comentario